Isabel Dayán Estilistas estrea en Viveiro unha nova técnica que axuda a recuperar o pelo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Ofreceu unha xornada de portas abertas para mostrar a crioterapia aplicada á estética, e ten unha alta aceptación

12 jul 2022 . Actualizado á 18:47 h.

A crioterapia deu comezo como un tratamento médico que utilizaba os contrastes de temperatura para obter diferentes beneficios. Posteriormente, os avances neste ámbito permitiron incluíla no tratamento á cosmética. Este é o caso da crioterapia capilar, a técnica alternativa para intentar solucionar os problemas capilares. Este tratamento revolucionario aproveita os beneficios do frío para combater alteracións do coiro cabeludo que provocan a perda ou caída do cabelo. A crioterapia libera, activa e estimula as células nai, favorecendo a construción, rexeneración e reparación de tecido novo capilar, explican.

Este método chega a Viveiro agora. A propia xerente do centro Isabel Dayán Estililistas indica que o tratamento, ademais de previr a caída capilar, tamén axuda en casos de dermatites, psoriases, caspa, descamación, entre outros. Este tratamento non agresivo consta de tres fases: diagnóstico, higienización do coiro cabeludo e a hidronutrición na que se aplican produtos con células nai e un tratamento de crioterapia. Os resultados están asegurados xa desde a primeira sesión pero son necesarias catro para completar o tratamento.

Desde o centro estético aseguran que está a ter éxito. Empezaron con el en abril pasado, pero este luns organizaron unha xornada de portas abertas para promocionar esta técnica capilar. Os seus principais beneficios son a hidratación activa, a purificación do cabelo, a súa revitalización, equilibrar a súa pH, a tonificación capilar e o aumento do brillo e suavidade. O prezo do tratamento é de 67 euros e é a principal alternativa natural contra a caída capilar.