Touriñán roda esta semana unha curtametraxe en Mondoñedo que el mesmo dirixe

La Voz

A MariÑA

cedida

Nesta curtametraxe, de título «Nena», participan tamén actores moi populares e coñecidos de Galicia, como Carlos Blanco ou David Perdomo

27 jun 2022 . Actualizado ás 22:00 h.

O coñecido actor e humorista Xosé Antonio Touriñán está a rodar esta semana -desde o luns e ata o venres- unha curtametraxe en Mondoñedo que el mesmo se encarga de dirixir.

Nesta curtametraxe, de título «Nena», participan tamén actores moi populares e coñecidos de Galicia, como Carlos Blanco ou David Perdomo, entre outros, ademais do propio Touriñán. Un elenco de recoñecidos humoristas, tamén contrastados actores.

A película comezou a rodarse onte na parroquia mindoniense de Coubeira; hoxe, martes, continuará a rodaxe no cemiterio vello da cidade episcopal durante a mañá e pola tarde na mesma praza da catedral mindoniense. O plan de rodaxe é volver o mércores a Coubeira e rodar alí tamén o xoves. O último día, o venres, os escenarios elixidos serán os de San Andrés de Masma.

Mondoñedo, xa que logo, será tamén protagonista principal nesta curtametraxe que dirixe Xosé A. Touriñán; tanto a cidade, con lugares tan emblemáticos como o cemiterio vello, onde descansan os restos de Álvaro Cunqueiro ou de Leiras Pulpeiro ou Pascual Veiga, entre outros, como a praza da vella catedral.