O persoal de Albo iniciou protestas contra o peche da planta e esixe á Xunta mediar

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

O 27 de xuño haberá unha manifestación en Celeiro e o 4 de xullo unha concentración ante o consistorio de Viveiro

23 jun 2022 . Actualizado ás 23:16 h.

Traballadoras e traballadores da conserveira Albo en Celeiro, agora en poder dun grupo chinés, concentráronse este xoves ao mediodía ante a fábrica para expresar o seu rexeitamento ao peche.

Berraron consignas como «queremos traballar e non emigrar», «non queremos contos chineses» ou «A Mariña non se pecha», lembrando os peches de Vestas ou o peche temporal da fábrica de Aluminio de Alcoa.

Foi a primeira das protestas que teñen previsto levar a cabo nos próximos días polo anunciado peche da conserveira de Celeiro. O luns protestarán cunha marcha desde a conserveira ata a praza do náufrago, en Celeiro. O 4 de xullo trasladarán a concentración ante o Concello de Viveiro.

O grupo chinés que controla agora Conservas Albo construíu unha gran planta en Salvaterra e pecha as plantas de Vigo e de Celeiro dando a oportunidade de trasladarse a Salvaterra a todas as traballadoras, pero estas -xa de mediana idade na súa maioría e con familias- rexeitan esta opción. En Tapia non pechan.