A conselleira do Mar pide en Burela que se rebaixe o IVE dos produtos pesqueiros ao 4%

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Propúxoo nas Xornadas Técnicas de Pesca de Expomar

19 may 2022 . Actualizado ás 20:29 h.

Nas xornadas técnicas de Expomar, en Burela, están a debaterse desde este xoves temas cruciais para o presente e o futuro da pesca, por iso os debates son intensos.

18 organizacións empresariais do sector pesqueiro, galego, nacional e internacional, expuxeron o que consideran máis urxente para o sector pesqueiro, con algunhas discrepancias do representante gobernamental. (Ampla información hoxe en Marítima sobre as xornadas e en Somos Mar, na web de La Voz de Galicia).

As organizacións empresariais do sector pesqueiro creen urxente e necesario, por exemplo, implementar axudas polos custos de funcionamento. Consideran excesiva a normativa e a regulación sobre a pesca. Insisten en que falta substitución xeracional. Son algunhas das conclusións.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo en Burela a última hora da mañá e a primeira da tarde cos representantes empresariais e logo cos relatores sobre temas referidos á xestión pesqueira e ao mercado europeo.

Rosa Quintana pediu na súa intervención que se rebaixe o IVE dos produtos pesqueiros do 10 ao 4% para favorecer o consumo dos produtos do mar. Proposta importante da conselleira. Este venres as xornadas centraranse en Burela na sustentabilidade, a importancia do peixe na nutrición e a saúde e os comportamentos nas compras.