«Cantas ou non?» busca cantantes afeccionados na Mariña

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MariÑA

.

O programa dedicado á comarca será os días 1 e 2 de setembro

21 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O concurso televisivo que emite a TVG bautizado como «Cantas ou non?» (producido, ademais, por Voz Audiovisual) ten unha próxima e próxima cita coa nosa comarca. O programa mariñán será os días 1 e 2 de setembro, pero xa están a buscar talentos vocais para esa edición. É dicir, aquel ou aquela cantante que sexa afeccionado ou afeccionada pode ter unha oportunidade para demostralo ante as cámaras. Poden participar maiores de idade, «xente divertida, con gañas de pasalo ben e que lles guste cantar». Para anotarse, poden enviar unha presentación en vídeo ao número de Whatsapp 687 208 550 ou por correo a ana.fontan\vozaudiovisual.com. O prazo para poder estar incluído no programa da Mariña acabará o día 24.