O comité de Alcoa convoca unha nova concentración en Foz o 4 de decembro

La Voz FOZ / LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

19 novs 2019 . Actualizado ás 19:47 h.

O novo comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, comité que preside José A. Zan, de CC.OO., continúa coas mobilizacións iniciadas en defensa de Alcoa e do emprego na fábrica. Por este motivo convocou unha nova concentración que terá lugar en Foz o 4 de decembro ás 20 horas, na praza Conde de Fontao.

O comité entende «que a situación de Alcoa segue sendo moi preocupante»; de feito, de momento todo segue igual, ninguén achegou solucións cun Goberno aínda en funcións.

Alcoa prevé pechar este exercicio con perdas, estimadas en 60 millóns, na planta de aluminio primario. Demándase con urxencia a rebaixa da tarifa eléctrica.