Coches dun edil de Ribadeo e dunha profesora, raiados a plena luz do día

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Trátase do concelleiro David Rivas, do grupo municipal

21 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Non só unha profesora ribadense foi vítima de actos vandálicos o mércores a plena luz do día. Pola mañá, mentres estaba a dar clase, alguén raiaba o seu coche: tres raias por todo o lateral. Denunciou o feito á Policía e á Garda Civil e divulgouno para que se soubese o ocorrido. Pero non foi a única vítima. O concelleiro delegado de Deportes, David Rivas, tamén sufriu rayaduras no seu coche, que como a profesora deixara estacionado nos arredores do colexio Sacro Corazón. Do mesmo xeito que ela, denunciouno. Ao parecer, polo menos unha terceira persoa podería ter sido vítima de rayaduras no seu vehículo.

Os feitos ocorreron nunha zona frecuentada por cuadrillas de mozas, onde hai uns días tamén ardeu un colector.

Cabe lembrar que xa hai uns meses, a Garda Civil intensificou as patrullas pola contorna do Sacro Corazón, tras as denuncias de pais pola existencia de menores fumando.

Desde agosto, en Ribadeo déronse casos de actos vandálicos que suscitaron preocupación na veciñanza e as autoridades. Non parecen relacionados, pero ademais de arder colectores, apareceron esnaquizados os espellos de coches estacionados na rúa Recarey (presentáronse unha decena de denuncias), e tamén en agosto tres veinteañeros (segundo un veciño que deu a alarma) romperon de madrugada papeleiras da rúa San Roque.