A Mariña e A Coruña volven apostar polo memorial Heroes do Orzán

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

PEPA LOSADA

Arrincará na cidade herculina, do 14 ao 17 de xuño; e continuará na comarca, do 27 de xuño ao 1 de xullo

17 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A sétima edición do Memorial Heroes do Orzán regresa con dobre sede, na Coruña e A Mariña, para alagar de futsal o comezo estival. O Torneo de Fútbol sala Basee en honra dos policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez, arrincará na cidade herculina entre o 14 e o 17 de xuño. Na Coruña o Memorial volverá apostar polo deporte feminino, coas categorías Infantil e Cadete, ademais de prebenjamín, benxamín, alevín e Special Olympics. A tradicional sede da Mariña acollerá as categorías entre prebenjamín e xuvenil, con torneo entre o 27 de xuño e o 1 de xullo, en Burela, Foz, San Cibrao, Xove e Viveiro. O prazo de inscrición para a sede da Coruña está aberto ata o 31 de maio; para a competición da Mariña, os equipos poderán reservar praza ata o 5 de xuño. Información en contacto\imdecum.com //982 888 610 //670321857.