A burelista Sofía entra no equipo galego para o Nacional sub-17

La Voz BURELA / LA VOZ

A MariÑA

XAIME RAMALLAL

O campionato arrinca mañá na comarca con 13 seleccións

06 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Confirmado. A convocatoria galega para o campionato de España sub-17 femininos que arrinca mañá na Mariña xa é oficial e nela está a burelista Sofía. A xogadora ribadense do Peixes Rubén-Burela será unha das bazas irmandiñas nun torneo que reunirá na comarca a 13 seleccións autonómicas e que deparará partidos ata o domingo en Burela, Viveiro e Foz. As semifinais e a final disputaranse a fin de semana no Vista Alegre.