Foz retira unha axuda ao equipo de fútbol sala feminino por trasladar a súa sede

foz / a voz

A MariÑA

28 jun 2011 . Actualizado ás 06:00 h.

O Concello de Foz aprobou unha modificación do orzamento do 2011 que afecta a tres entidades deportivas. A modificación, que publicou o Boletín Oficial da Provincia de Lugo o pasado 22, é de principios de mes e, pola mesma, o Concello deixa sen unha subvención de 5.000 euros ao equipo de fútbol sala feminino Burela FS «polo desprazamento dá súa sede ao Concello de Burela». Ademais, tamén suprimen outra de 4.500 á Asociación Deportiva Cangas; neste caso argumentando que desapareceu.

A modificación orzamentaria contempla a introdución dunha nova subvención a favor do Club Deportivo Foz. A axuda ascende a 7.000 euros e destinarase a gastos de fútbol base.