O Golf xa é cincuentón

MOTOR ON

-

Co gallo de o seu cincuenta aniversario, o veterano Golf celébrao cunha versión na que se aprecia o seu novo frontal, integrando intelixencia artificial e cun novo motor híbrido enchufable.

21 feb 2024 . Actualizado ás 20:59 h.

O Golf é xa unha lenda da automoción que vendeu máis de 37 millóns de unidades en todo o mundo. Segue sendo unha referencia no segmento dos turismos compactos, dominado agora polos SUV. Pero o Golf soubo actualizarse cun frontal no que o logotipo vai iluminado e con faros LED matriciales de novo deseño, moito mais planos.

O CHATGPT PONSE DE MODA

Outra das grandes novidades do ilustre cincuentón é a integración de ChatGPT con intelixencia artificial manexada co asistente de voz, co que poden interactuar os pasaxeiros e escoitar os contidos que soliciten mentres viaxan. Teremos que acostumarnos a esta tecnoloxía na que xa traballan todos os grupos automobilísticos a nivel mundial. O Golf mellora tamén a función de asistente de aparcadoiro, tanto en paralelo como en batería, podéndose manexar mesmo desde fóra do coche co Smartphone.

No que respecta á gama de motores, a novidade son os novos híbridos enchufables, con máis potencia e autonomía só eléctrica de ata 100 quilómetros en cidade. Tamén haberá propulsores microhíbridos que combinan con motores de gasolina ou diésel. E a estrela da gama, que é o GTI mellora a súa potencia escalando a mesma ata os 265 cabalos, vinte máis que o actual. Tamén terá diferencial electrónico XDS e suspensión deportiva.

No seu lanzamento o novo Golf contará con nove opcións diferentes: eTSI (mild hybrid), híbrido enchufable (eHybrid e GTE), gasolina turbo (TSI), e diésel turbo (TDI). En poucas semanas iranse desvelando as datas de chegada ao mercado e os prezos.

LONGA VIDA Ao REI

Por se alguén pensaba que o Golf estaba morto, tras a súa continuista evolución desde a primeira unidade producida na planta alemá de Wolfsburg en 1974, agora chegan estas noticias que o volverán pór entre os máis reputados no segmento dos turismos compactos.