«Dentro da negociación do convenio, a vontade do Concello segue a ser a cesión gratuíta do estadio municipal por 25 anos (como ata agora) para que o Dépor poida desenvolver a súa actividade deportiva e competir ao máximo nivel», aseguran desde o goberno municipal
Co asubío final, equipo e afeccionados gozaron do soño de saír do pozo da Primeira RFEF e volver ao fútbol profesional. Os branquiazuis conseguían o seu obxectivo a tres xornadas do final do campionato e gozábano cos 31.000 que estiveron en Riazor e outros tantos que lles seguiron desde unha pantalla xigante na rúa
Lucas, a canteira e a unión entre equipo e corpo técnico foron transcendentais, mentres que as irrupcións de Barbeiro, Germán e José Anxo, fundamentais para cumprir os obxectivos marcados