Seedorf deixa na Coruña a Rubén e cita a dous canteiráns

EFE

TORRE DE MARATHÓN

ANGEL MANSO

Quique Fornos e Mujaid, que se perfila como titular, formarán parte da expedición branquiazul

19 may 2018 . Actualizado ás 21:21 h.

O adestrador do RC Deportivo, Clarence Seedorf, deu descanso ao porteiro Rubén Martínez na última xornada de LaLiga Santander e citou a dous canteiráns para completar unha lista de convocados infestada de baixas para o partido co Valencia en Mestalla.

As novidades na convocatoria son o porteiro polaco Przemyslaw Tyton, o único gardameta que ten contrato para a próxima tempada no Deportivou, e o defensa do filial Quique Fornos.

Repite na última citación da tempada o xuvenil Mujaid, que será titular no centro da defensa xunto a Fernando Navarro tras ter debutado en LaLiga como suplente no partido da pasada fin de semana co Vilarreal (2-4).

Seedorf deu descanso ao porteiro que formou parte do once do Deportivo na maior parte dos encontros, Rubén Martínez.

O cérbero galego tería renovado automaticamente o seu contrato por partidos disputados se o equipo lograse permanecer en Primeira División, pero o descenso deixou sen efecto esa ampliación da vinculación contractual co Deportivo.

Por lesión causan baixa Eneko Bóveda, o arxentino Fede Cartabia, Florin Andone, Carles Gil, o brasileiro Sidnei Rechel e Fabian Schär, mentres que por sanción non pode xogar Raúl Albentosa.

A lista de ausencias do Deportivo no último partido do campionato a completa o costarriqueño Celso Borges, que xa está no seu país para preparar o Mundial de Rusia .