Mel oculta as súas bazas

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

GONZALO BARRAL

O técnico branquiazul, despois de moitas probas, deixa fóra da lista de convocados a Laure, Bruno Gama e Marlos

26 abr 2017 . Actualizado ás 18:35 h.

O técnico do Deportivo, Pepe Mel, deu a coñecer a lista de convocados na que non están incluídos Laure, Bruno Gama e Marlos para recibir ao Real Madrid en Riazor (21.30 h). O técnico recupera para enfrontarse ao Real Madrid a tres puntais do persoal como son Carles Gil, Arribas e Guilherme. O brasileiro reforza un mediocentro no que o Dépor sofre a baixa de Mosquera, a única baixa para o choque.

Así, os convocados para recibir ao Real Madrid son: Lux, Juanfran, Fernando Navarro, Álex Bergantiños, Albentosa, Joselu, Emre Çolak, Andone, Carles Gil, Sidnei, Tytón, Arribas, Luisinho, Fayçal Fajr, Guilherme, Borges, Kakuta, Onda John e Roef.

Esta mañá huo unha última sesión preparatoria no estadio municipal de Riazor a porta pechada. Pero onte fixo unhas probas cun equipo totalmente sorprendente no que Lux ocupou a portería, Laure, que finalmente non entrou na convocatoria, e Navarro os laterais, Arribas e Sidnei o centro da defensa, Guilherme e Borges o medio do campo, con Bruno Gama e Kakuta nas ás, Çolak de ligazón e Florin Andone como único punta. Un once en que habería cinco rostros novos con relación ao de Anoeta.

Os xogadores convocados por Pepe Mel quedaron concentrados nun hotel da cidade e desprazaranse a Riazor unhas dúas horas antes do partido co Real Madrid, cara ás 19:30 horas.