«La Voz Kids», o quejío do sur

Sandra Faginas Souto
Sandra Faginas MIRA E VERÁS

TELEVISIÓN

09 may 2017 . Actualizado ás 09:05 h.

Outra tempada máis e máis quejío do sur. Máis olés e olés, taconeo e que non nos conten outra copla. La Voz Kids podería encaixar en lugar de en Telecinco en Canal Sur coa mesma naturalidade coa que os espectadores aceptamos que todo o repertorio do programa, o xurado e os protagonistas canten jondo. Quéroa a morrer, A que non me deixas, Cando ninguén me ve... esas son as cancións coas que os pequenos artistas se enfocaron nunha final na que non hai xeito de que soe outra música. Nin norte, nin leste, nin oeste, o palmeo -deféndense os que suman audiencia- é o que pide o público. Así que entre Antonios, Pacos e Rocíos resólvese un programa que, iso si, acabou por atrapar aos nenos coa mesma forza coa que aprenderon quen é Chiquetete. Como nos gusta ese quejío.