Tapas da Mostra de Teatro

La Voz

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Nove restaurantes achegarán tapas inspiradas nas obras teatrais

04 feb 2016 . Actualizado ás 11:22 h.

Tapas da Mostra de Teatro. Lugo volverá mesturar o reclamo do seu Mostra de Clásicos co que poden achegar as tapas deseñadas por 9 restaurantes baixo a inspiración das obras que se porán en escena do 11 de febreiro ao 12 de marzo.

ALBERTO LÓPEZ

Premios Trapero Pardo. A alcaldesa, Lara Méndez, entregou os premios da 21 edición dos premios Trapero Pardo que premian aos mozos lucenses que presentaron relatos curtos.

O Museo Provincial recibe máis pezas de Álvaro Gil. Carlos López Gil, da familia Álvaro Gil; o delegado de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro; e a directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, asinaron a recepción de máis pezas da colección de xoias de Álvaro Gil, correspondentes ao lote 3, que pasarán a formar parte dos fondos propios do Museo Provincial. En concreto, as pezas son: Torques áureo de Recadieira, Torques de prata de Recadieira, Torques con remate en dobre escocia, Torques de Viveiro, Carneiro alado e un fragmento de cravo de ouro.