Que ritmo ten Eurovisión

Sandra Faginas Souto
Sandra Faginas MIRA E VERÁS

SOCIEDADE

14 feb 2017 . Actualizado ás 08:11 h.

Que ritmo ten TVE, que xeito tan elegante de facernos perder os nervios, que modos tan espectaculares para enganchar á audiencia. Se aínda non viron a gala na que se escollía ao cantante que nos representará en Eurovisión, dense a oportunidade de gozala como outro dos fitos que ultimamente nos está dando a cadea pública, porque ten todos os ingredientes para ruborizarnos no made in Spain. Que nivel, Maribel. Cuesta imaxinarse como sería a primeira televisión, como nos anos sesenta levarían a cabo a realización dun programa en directo, pero comparado con este do 2017 non hai cor. O branco e negro gaña sobradamente a unha posta en escena cutrísima, unha iluminación terrorífica e un xeito de facer tele que reflicte o interese (porque non poden ser os medios) que se lle pon a este tipo de programas. Que se valen para algo é para ensinarnos como superar o bochorno. O que levou a Jaime Cantizano a palidecer e atorarse como un polbo cando a gala se lle foi das mans, cos eurofans descontrolados, un xurado ojiplático e uns artistas de verbena. Eurovisión é para TVE un circo que cada ano gaña en asombro e en decadencia, esgotado en dar nótaa función tras función. Tomarse en serio tanto despropósito só invita a desgajarse na paixón eurofán, curtida no gran show. Para o resto, o festival é sempre un esperpento.