Retoman as visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

O Consello da Cultura Galego acolleu un encontro monográfico sobre este espazo

28 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O Consello da Cultura Galego dedicou o seu encontro monográfico sobre o patrimonio cultural ao castelo da Rocha Forte, ao consideralo un exemplo da implicación dos veciños na súa recuperación. Durante a xornada, a arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro, anunciou que a mediados de maio retomaranse as visitas guiadas a este espazo, que incorporarán unha nova modalidade. Ademais, tamén afirmou que en breve se realizará unha nova limpeza do espazo. No encontro, tamén participaron representantes da Asociación Cultural Rocha Forte, que repasaron o proceso, así como María del Mar Bóveda, que incidiu no potencial do espazo. Pola súa banda, a arqueóloga María José Bóveda lembrou a intervención realizada no 2013.