Aspirantes a cátedra maniféstanse en San Xerome

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Consideran insuficientes as 10 prazas previstas para o próximo curso

28 abr 2017 . Actualizado ás 22:56 h.

Aspirantes a cátedra da USC -uns 150 en Santiago- concentráronse esta mañá en San Xerome ao comezo da Mesa de Negociación na que o equipo de goberno presentou aos sindicatos a súa oferta de prazas docentes para o próximo curso, que entre prazas novas e reposicións supera o medio milleiro. Desa cifra, só dez son para catedráticos, por iso é polo que os acreditados que agardan desde hai anos poder presentarse ao concurso consideren insuficiente a oferta, sobre todo en comparación coas que convocan outras universidades.

A concentración á primeira hora da mañá  deu lugar a un intenso intercambio de pareceres entre os membros da mesa e os manifestantes.