Palabras

Jesús Merino LIÑA ABERTA

OPINIÓN

28 jun 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O outro día tiven a fortuna de asistir a un taller de poesía impartido por Antía Otero, unha excelente novo poeta. Recoméndolla vivamente. Entre outras cousas fermosas, lembrounos que as palabras teñen peso, corpo, densidade… de modo que non é o mesmo dicir papeleira que nai

Os humanos, que adoitamos andar distraídos, cando non directamente durmidos, esquecemos isto con frecuencia, e sacamos a pasear as palabras sen conciencia, de modo que a miúdo causamos importantes desfeitas ao noso ao redor.

Seguramente morte é un deses termos pesados, serios, cheos de contido. Todos nos tropezamos con el en moitos momentos da vida, ata que nos toca pronunciala en primeira persoa. Por iso adoitamos mencionala con coidado, en voz baixa, coma se estivésemos a tratar con algo moi delicado ou potencialmente perigoso.

Os nosos veciños portugueses acaban de sufrir unha terrible experiencia que nos ha abraiado. A súa dor móvenos á solidariedade, ao silencio, á compaixón… e as nosas palabras móvense coidadosamente por eses territorios emocionais. Buscamos expresións amables, suaves, tenras. Queremos que a nosa linguaxe non rasque nin fira, porque somos capaces de empatizar coa terrible morte allea.

Uns días atrás, o espantoso termo ha golpeado a unha persoa que se dedicaba ao toureo. Non é momento de analizar filias e fobias, senón de mirar con ollos humanos, ollos que, desafortunadamente, deixan asomar de cando en vez á besta que nos habita. E xunto ás inevitables palabras de consolo apareceron estridentes cualificativos crueis, cheos dun rancor e unha furia inexplicables.

Por iso creo que é bo volver á poesía, ao esforzo amoroso pola presenza adecuada da palabra. Se non é así, nunca deixaremos atrás a barbarie.