O Obradoiro acada un acordo con David Navarro

Manuel García Reigosa
M. G. Reigosa SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

XOAN A. ADOITAR

O escolta compartirá este xoves cos asistentes ao campus

28 jun 2017 . Actualizado ás 14:26 h.

O Obradoiro pechou a súa segunda fichaxe para o novo curso. O primeiro foi Martin Laksa. E o segundo é David Navarro, un vello coñecido da afección santiaguesa, xa que xogou dúas tempadas no Rosalía, na Liga LEB. É un escolta que, eventualmente, tamén pode levar a batuta sobre o parqué.

O director xeral do club, José Luis Mateo, destaca as cualidades da nova incorporación: «Con David incorporamos a un xogador nacional, experto e polivalente, con capacidade para sumar ao equipo en moitas facetas e de xerar xogo a través do bote. Vén tamén para completar a dirección do equipo, xunto aos dúas bases que fichemos».

Procede do Andorra, no que xogou os últimos catro cursos. No que acaba de rematar ha promediado 6.0 puntos (51.2% en tiros de dous, 28.6% en triplos e 74.6% en libres), 2.1 rebotes e 1,8 asistencias para un  6.6 valoración en 18.9 minutos.

David Navarro compartirá este xoves cos asistentes ao campus que organiza o club en Boiro.