Cupra Formentor 2.0 TSI: na súa xusta medida

Por Héctor Ares

MOTOR ON

-

Non sempre a versión máis potente dun modelo é a máis adecuada. Valga como exemplo este Cupra Formentor 2.0 TSI, que cos seus 245 CV convenceunos de que é o máis equilibrado dos da súa gama.

18 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Cupra Formentor goza dun indubidable éxito nacional e internacional. En España en 2023 matriculáronse 11.040 unidades de todas as versións que existen deste modelo, desde as tradicionais diésel e gasolina ata as híbridas enchufables.

A versión que hoxe nos ocupa non naceu para destacar demasiado. Vive á sombra dos electrificados e das versións máis potentes de gasolina como os VZ de 310 CV ou os VZ5 de 390 CV. Con todo, é unha das versións máis recomendables para quen non teña necesidade dunha etiqueta CERO ou ECO, xa que este leva etiqueta C ao carecer de calquera tipo de electrificación.

MOTOR POTENTE

O motor 2.0 TSI dálle uns xenerosos 245 CV, potencia máis que suficiente para que o coche se desenvolva con soltura tanto entre o tráfico urbano como cando sales a estrada. Fai 0 a 100 kms/h en 6,8 segundos, cifras que hai uns anos só atopabamos nos mellores compactos deportivos.

Ademais, os seus consumos mantéñense moi axustados se non lle esiximos demasiado, tendo marcado durante a proba 8,1 l/100 km. Sin duda trátase dunha versión que demostra que a potencia na súa xusta medida é a que dá o equilibrio. O seu prezo é de 49.330 euros.

O Formentor converteuse no primeiro gran éxito de Cupra.

Diferénciase doutros Formentor polas súas dúas saídas de escape, unha a cada lado do coche