BMW Serie 4 Coupé e Cabrio: conduce e goza

Por Juan Ares

MOTOR ON

Tom Kirkpatrick

Se hai unha marca que segue dando bo trato aos cabrios na súa gama esa é BMW, e vólveo a demostrar coa súa renovada Serie 4, que chegará en abril aos concesionarios tanto na versión Coupé como na convertible, con motores gasolina e diésel.

18 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

E l Serie 4 é o coupé de clase media na gama BMW e que ten ademais unha preciosa versión cabrio. Son modelos que teñen os seus mellores mercados en países como Estados Unidos ou China . En España terán prezos por amais dos 50.000 euros na versión pechada e de 60.000 para o convertible. Esta versión 2024 engade melloras estéticas sobre todo relativas a cores e lamias e tamén na súa identidade lumínica con faros LED adaptativos como opción.

A nivel de interior o máis destacable é a enorme pantalla central de quince polgadas de forma curva no centro do cadro de mandos e que vai unida á do cadro de instrumentos dixital de doce polgadas.

OPTIMIZACIÓN DE MOTORES

Pero una dos mellores valores desta Serie 4 é o abano de motores que ofrece, co mellor da tecnoloxía de BMW. Hai que dicir que a marca segue apostando polos gasolina e os diésel e que a hibridación é, no caso de moitos deles, de 48 voltios, lixeira e que potencia os consumos axustados sen perder capacidade de rodaxe. De feito os Serie 4 son modelos pensados para grandes ruteros.

O Coupé dispón de saída dun motor gasolina 420i de 184 cabalos, como punto de partida. O 430i xDrive é a segunda opción con 245 cabalos. E de aí pásase á versións M co M440i xDrive de 374 cabalos con micro hibridación. En diésel disporá da versión 420d Coupé de 190 cabalos axudado polo sistema de 48 voltios que achega outros 11. Haberá tamén un 430d xDrive de 286 cabalos tamén con tecnoloxía híbrida de 48 voltios, o mesmo que o M440d xDrive de 340 cabalos. Todos estes motores levan axustada a caixa de cambios Steptronic de oito velocidades.

Pola súa banda as versións convertibles levarán catro posibilidades destas, que son a 420i, 430i xDrive, M 440i xDrive e a 420d. Por suposto o teito da versión cabrio é de lona, como mandan os canons máis puristas na actualidade.