BMW Serie 5: aínda quedan berlinas exemplares

Por Juan Ares

MOTOR ON

DANIEL KRAUS

Os que pensen que son malos tempos para as berlinas teñen que probar este novo BMW Serie 5 que crece en tamaño, ten toda a tecnoloxía necesaria e conta con motores de gasolina, diesel, híbridos e eléctricos.

19 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

E sta oitava xeración do BMW Serie 5, que seguirá preservando as súas dúas carrocerías tradicionais, berlina e familiar (esta chegará o ano que vén) conserva a súa esencia histórica, que conxuga confort e dinamismo a partes iguais.

Por primeira vez supera os 5 metros de lonxitude (5,06), e continúa cun deseño moderno con faros dobres e luces led adaptativas, sobre un frontal típico de dous riles.

Outra primicia desta oitava xeración do Serie 5 é que por primeira vez inclúe versións eléctricas, concretamente a i5 M60 con dous motores, un en cada eixo, que suman en total 442 kw, ou o que é o mesmo, 501 cabalos. A súa aceleración de 0 a 100 kms/h pégache ao asento en só 3,8 segundos, a súa velocidade máxima é de 230 kms/h e a autonomía que declara oscila entre 441 e 516 quilómetros, segundo condicións. Por suposto, será tamén o modelo máis caro desta nova Serie 5, con 114.280 euros de prezo, etiqueta ECO incluída. A outra versión eléctrica será a i5 eDrive40 de tracción traseira, con 230 kw (313 CV) e un prezo de 76.750 euros, con ata 582 quilómetros de autonomía.

Pero diciamos no titular que esta berlina dá exemplo porque, en contra do que outros fabricantes están a facer ao abandonar os motores de combustión, para BMW aínda segue sendo importante incluír unha versión diésel, a 520d, que tamén pode ser xDrive, con 197 cabalos e aquilatados consumos de entre 5,5 e 6,1 litros/100 kms, e que estará á venda por 60.050 euros. Ademais haberá tamén unha versión de gasolina 520i sDrive, con tracción traseira xa que logo, 208 cabalos e un prezo de 60.150 euros. Estes dous motores, o diésel e o gasolina, teñen ademais tecnoloxía microhíbrida de axuda cun sistema de 48 voltios. Todas as caixas de cambios do novo Serie 5 son Steptronic de 8 velocidades E a gama de propulsores completarase con dúas versións híbridas enchufables que chegarán na primavera, como a 530e, de 299 cabalos e un prezo de 71.150 euros, e a 550e, neste caso xDrive, tracción total, con 489 cabalos e 88.250 euros de prezo. A súa autonomía eléctrica é de 79-90 quilómetros.

Pódese aparcar desde o exterior e realiza a manobra inversa dos 200 últimos metros para saír dun aparcadoiro