Lugocentrum potencia o comercio do centro con lecer

La Voz

LUGO CIDADE

CEDIDA

Porá en marcha actividades para fidelizar clientes

20 abr 2017 . Actualizado ás 21:24 h.

Divertirse comprando é o obxectivo da nova campaña de Lugo Centrum CCA, que empeza hoxe e desenvolverase por distintos puntos da cidade durante todos os venres pola tarde e sábados pola mañá nos meses de abril, maio, xuño e setembro. A programación foi presentada onte polo presidente de Lugo Centrum CCA, José Luis Pérez; o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas.

A finalidade desta campaña, Divírtete mercando non centro de Lugo, é premiar a fidelidade dos clientes e crear un hábito, ao relacionar o acto de compra co lecer, xa que os consumidores dos comercios asociados poderán gozar de múltiples actividades de promoción e entretemento.

Este mes haberá catro actividades: hoxe e mañá, en Campo Castelo, Saltamos con Lugo Centrum e Beisball; o venres 28, en Rúa Nova Parte 2, As Manualidades de Lugo Centrum; e o sábado 29, A Sorte está no Aire, en Rúa Nova Parte 1.

O 30 de setembro haberá unha festa final de campaña con numerosas actividades.