Os hostaleiros de Guitiriz celebrarán a súa cea anual o día 8

X.M.P. GUITIRIZ

GUITIRIZ

No acto entregaranse os premios do concurso de tapas e darase un donativo a Xermolos

28 abr 2017 . Actualizado ás 18:16 h.

A asociación de hostalería de Guitiriz, que ten ao redor de 25 socios, celebra o día 8 a súa cea anual. O acto terá lugar no Restaurante A Casa o día 8, ás nove da noite, e non só servirá como reunión da asociación senón que tamén contará con outros alicientes. Así, entregaranse os premios do concurso de tapas, que na edición deste ano tivo lugar en marzo, e darase ademais unha cantidade económica a .. Xermolos

Á asociación cultural entregaránselle uns 1.000 euros, correspondentes ao fondo solidario que procede do recadado no concurso de tapas. Antes da celebración do certame gastronómico anunciouse que berce cantidade de o recadado en cada tapa achegaríase á recuperación da casa natal de Díaz Castro, situada en Vilariño (Os Vilares) e propiedade de Xermolos, que loita desde hai anos por restaurala.