Os traballadores de FCC suavizan as súas demandas para evitar a folga

Carlos Cortés
carlos cortés MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

Propoñen unha subida salarial máis atenuada, en catro anos no canto de tres

12 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A ameaza dunha folga de recollida de lixos en plenas festas de agosto segue no aire, pero os traballadores da empresa que xestiona este servizo deron onte un paso para tratar de evitala. O persoal está disposta a atenuar a subida salarial que reclamaran para este ano e os dous seguintes. Agora aceptan incrementos por baixo do IPC e unha vixencia do convenio de catro anos, no canto de tres.

Por agora, esta nova proposta non ten resposta. Os representantes dos traballadores comunicáronlla onte por teléfono aos negociadores da empresa FCC, a concesionaria do servizo desde o 2010.

FCC

d