Charla sobre o aforro enerxético no fogar e ao volante, o venres

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

Camilo Casal, concelleiro de Medio Ambiente, impartirá a sesión promovida pola asociación de veciños de Piñeiro

23 mares 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Camilo Casal, edil de Medio Ambiente, impartirá unha charla sobre o aforro enerxético nos fogares e na condución, mañá ás 20 horas na cafetería do auditorio (segunda planta). O colectivo veciñal de Piñeiro, que organiza a sesión, con apoio do Concello, destaca a importancia de adoptar pautas que axuden a reducir o consumo, para favorecer así o desenvolvemento sostible.