A Panadería Lorbé abrirá un novo punto de venda na Coruña

La Voz

VIVIR A Coruña

EDUARDO PEREZ

Polo momento o único que se sabe é que se establecerán no 15005

25 mares 2024 . Actualizado ás 13:17 h.

A Panadería Lorbé, artesáns desde 1947, anunciou a través de Instagram que abrirán un novo despacho de venda na zona centro da Coruña, no 15005.

Esta decisión tómana «despois de darlle mil voltas e atopar o lugar idóneo». Ademais, non foron poucos os clientes do negocio que lles pedían que abrisen un establecemento na cidade herculina. «Moitas, moitísimas foron as veces que nos pediron un punto de venda de Panadería Lorbé na Coruña cidade», contan a través de redes sociais. Polo momento, non transcenderon máis datos.

A Panadería Lorbé é famosa en toda a comarca herculina polas súas larpeiras e as súas empanadas, que fan de múltiples sabores. En fin de semana de verán de bo tempo poden chegar a despachar 400 empanadas. A variedade máis solicitada é a de bonito, seguida da de zamburiñas, bacallau, roxóns con queixo e pito con curri. Outra característica clave é que non utilizan masa nai, o seu son os fermentos.