Callos e carne para 600 en Abegondo

Pablo Portabales
pablo portabales A Coruña

ABEGONDO

cedida

Aperitivos, callos, jarrete, sobremesas e música para bailar foi o menú que gozaron os máis de 600 asistentes á festa de San Marcos organizada polo Concello

26 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O da festa de San Marcos de Abegondo son palabras maiores. Houbo que habilitar dous salóns do mítico restaurante O Pantano para dar cabida aos máis de 600 asistentes de todas as parroquias do municipio que se sumaron á cita. Para non entrar en polémicas, un menú que nunca defrauda, aperitivos, callos, jarrete, xeado e milhojas. Non quedou nin unha folla. A idea do Concello é que a próxima edición se poida celebrar na recentemente adquirida Leira Os Loureiros. No fin de festa actuou a banda municipal, e Carlos Manteiga puxo a todo o mundo a bailar.