As festas continúan dando vida á comarca: segue o maratón

La Voz

A Laracha

ANA GARCÍA

Vilaño, Sísamo, Berdegoas e Carantoña están hoxe de celebración

27 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

As festas seguen na Costa da Morte. Algunhas:

Vilaño (A Laracha) • Último día de celebracións, por San Roque. Misa ás 13.30, sesión vermú a cargo do trío Tribal e verbena co grupo Bomba. No descanso, fogos de artificio.

Sísamo (Carballo) • Tamén neste caso é a última xornada das festas. Misa solemne polo Perpetuo Socorro e Sacro Corazón de Jesús cantada polo Candil e sesión vermú e verbena con Metrópolis.

Berdeogas (Dumbría) • A celebración do Santiago Apóstol nesta localidade conclúe hoxe cunha gran sardiñada a partir das 20.00 horas, amenizada con música tradicional e a actuación do grupo Elite.

Carantoña (Vimianzo) • Neste núcleo vimiancés, a diferenza dos anteriores, as festas en honra á Virxe do Carme arrincan hoxe. Farano cunha churrascada a partir das 20.30 horas, amenizada polo grupo Nebraska e pola discoteca móbil Impacto. Tango, Metrópolis, Ciclón e Aramio pasarán por Carantoña nos dous próximos días.