Cristian García volve mandar no Rali de Ourense

MOTOR GALEGO

O piloto aragonés logra a súa segunda vitoria consecutiva no Rali de Ourense tras mandar durante os dous días de proba

11 jun 2017 . Actualizado ás 00:20 h.

Cristian García volveu a conseguilo. O piloto aragonés impúxose, por segunda vez consecutiva, como gañador da 50 edición do Rali de Ourense. Tras mandar durante os dous días de proba, ningún piloto foi capaz de quitarlle en grao sumo alto da clasificación. 

Iván Ares acompañoulle en segundo lugar e a case un minuto de distancia, tras a saída de vía de «Foguete» Suárez no penúltimo tramo e que lle permitiu subir un chanzo máis ao piloto de Cambre.

 Outro galego, Pedro Burgo, conseguiu facerse co último chanzo do podio a máis de tres minutos do campión.

18.25
Así se pechou a 50 edición do Rali de Ourense

Así foi a última chegada meta dos pilotos e que supuxo a segunda vitoria consecutiva de Cristian García no Rali de Ourense.

Pé de foto. Firma

Chegada a Melias

Santi M. Amil

17.42
Clasificación Copa Suzuki

David Cortés fíxose finalmente coa Copa Suzuki tras unha dura disputa con Alberto Monarri e Juan Maña. Así quedou a clasificación:

  1. David Cortés     2:31:10.9
  2. Alberto Monarri 2:32:02.5
  3. Juan Maña        2:32:14.8
17.35
A saída de vía que o cambiou todo

Era o penúltimo tramo da proba, no tramo mítico dos Canóns do Sil. José Antonio Suárez tiña por diante a súa última oportunidade para tratar de roubarlle o primeiro posto a Cristian García. Pero unha saída de vía truncou calquera posibilidade. Por fortuna, e a pesar da brutalidade do impacto, nin piloto nin copiloto sufriron danos persoais.

17.27
Clasificación final da carreira

Así quedaron a clasificación final da 50 edición do Rali de Ourense:

  1. Cristian García       2:11:04.7
  2. Iván Ares                2:12:04.5 +59.8
  3. Pedro Burgo           2:14:28.6 +3:23.9
  4. Alejandro Pernía     2:14:36.6 +3:31.9
  5. Iago Silva                2:19:19.5 +8:14.8
  6. Miguel Paredes       2:21:18.5 +10:13.8
  7. Adrián Diaz             2:21:23.8 +10:19.1
  8. Álvaro Muñiz           2:22:10.5 +11:05.8
  9. Gorka Antxustegi    2:26:07.6 +15:02.9
  10. Javier Pardo           2:28:35.5 +17:30.8
17.14
Cristian García, gañador do Rali

O piloto aragonés marcou un tempo de 09.01.1 e aínda que o scratch fíxoo Iván Ares cun 8.56.2, a vantaxe de máis dun minuto sobre o segundo halle servido para facerse co título deste 50 aniversario do Rali de Ourense.

17.06
Arrinca o tramo

Finalmente, e con seis minutos de atraso con respecto ao horario previsto, arrincou o último tramo que decidirá o campión desta edición do Rali de Ourense.

17.04
Aínda non roda o tramo de Melias

Tería que ter saído ás 17.00 horas pero aínda non saíu. Coa disputa deste tramo porase o punto e final á proba. En poucos minutos coñeceremos ao gañador da 50 edición do Rali de Ourense.

16.46
A por o último tramo

O tramo de Melias (17.00) porá punto e final ao 50 aniversario do Rali de Ourense e no que podio está practicamente decidido salvo sorpresa. Cristian García, que dominou durante as dúas xornadas, subirá todo o máis alto do podio, xunto a Iván Ares, en segundo lugar e Pedro Burgo en terceiro posto. 

16.29
Neutralizado o tramo dos Canóns do Sil

Dirreción de carreira acaba de neutralizar o tramo pola situación do vehículo de José Antonio Suárez, que considera que está en lugar perigoso para a seguridade dos pilotos.

16.16
Así queda a clasificación xeral

Tras o abandono do segundo clasificado, José Antonio Suárez, Pedro Burgo subiría agora mesmo a podio en terceiro lugar. Así está a clasificación. Sorprende a pouca diferenza que hai entre o sexto e o sétimo posto, apenas os separan dúas décimas.

  1. Cristian García        2:02:03.6
  2. Iván Ares                 2:03:08.3 +1:04.7
  3. Pedro Burgo            2:05:22.8 +3:19.2
  4. Alejandro Pernía     2:05:36.9 +3:33.3
  5. Iago Silva                  2:09:48.7 +7:45.1
  6. Miguel Paredes        2:11:49.0 +9:45.4
  7. Adrián Diaz               2:11:49.2 +9:45.6
  8. Álvaro Muñiz             2:12:24.7 +10:21.1
16.15
Abandono de «Foguete» Suárez

O segundo clasificado ata o momento, José Antonio Suárez, non logrou acabar este tramo nos Canóns do Sil, ha sufrir unha saída de vía, que lle obriga a abandonar a carreira. Non sufriu danos persoais.

16.11
Scratch para Cristian García

A pesar de ter empeorado a súa marca con respecto á primeira pasada, cun 19.28.2, Cristian García afiánzase no liderado a falta dun tramo para finalizar a proba. 

Iván Ares, segundo, fixo un tempo de 19.34.6 a 6.4 do primeiro clasificado. 

O segundo clasificado, José Antonio Suárez, parece que tivo problemas neste tramo e non chegou aínda a meta.

16.07
Chamamento á seguridade

Desde dirección de carreira queren alertar aos afeccionados que están situados nos tramos que non se movan e que non crucen a estrada mentres dure a carreira. 

15.51
En marcha o penúltimo tramo

Dous coches en carreira neste TC7 nos Canóns do Sil. Cristian García e José Antonio Suárez xa marchan sobre os 32 quilómetros que os separan da liña de meta.

15.44
A por os Canóns do Sil

O tramo máis espectacular chega ao seu segundo bucle e no que se decidirá probablemente o podio desta 50 edición do Rali de Ourense. Os pilotos co hándicap das altas temperaturas que se están rexistrando, terán que vixiar atentamente o seu motor e a calor dos freos. 

15.36
Clasificación Copa Suzuki

Alberto Monarri logrou arrebartarle o segundo posto a Juan Maña na Copa Suzuki que segue dominando David Cortés. Así está a clasificación.

  1. David Cortés              1:59:00.2
  2. Alberto Monarri          1:59:53.6
  3. Juan Maña                 1:59:58.1
15.24
Cristian García mantén a marxe

O piloto aragonés mantén os 26 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, José Antonio Suárez, e 58.3 sobre Iván Ares, en terceira posición. Así está a clasificación antes de encarar a segunda pasada nos Canóns do Sil.

  1. Cristian García    1:42:35.4
  2. José Suárez        1:43:01.4 +26.0
  3. Iván Ares             1:43:33.7 +58.3
  4. Pedro Burgo        1:45:22.8 +2:47.4
  5. Alejandro Pernía  1:45:48.1 +3:12.7
15.14
Abandono de Sergio Vallejo

O piloto ourensán, que leva todo o rali traendo problemas no motor do seu Citroën DS3, tivo que abandonar finalmente a carreira ao sufrir unha saída de vía nun dos tramos máis rápidos do Canón que transcorre entre casas. 

15.08
Tempos do tramo de Esgos

Estes foron os cronos na loita por un praza no podio:

  1. José Antonio Suárez          9:20.1
  2. Cristian García                    9:20.2    +0.1
  3. Iván Ares                              9:22.5   +2.4
  4. Alejandro Pernía                 9:34.9    +14.8
  5. Pedro Burgo                        9:40.5    +20.4
15.02
Scratch de José Antonio Suárez

Por unha décima, «Foguete» Suárez marcou o mellor tempo neste tramo ante un Cristian García nada conservador a pesar dos 26 segundos de vantaxe que mantén na xeral

15.00
Aperta a calor

Ourense goza hoxe dun rali a pleno sol e onde a calor está a ser o gran protagonista. O público llas apaña como pode.

Santi M. Amil
Santi M. Amil
14.55
Arrinca o segundo bucle

A piques de saír o coche número 1 da que será a segunda pasada de Esgos. Todo por disputar esta tarde na que Cristian García deberá non correr riscos se quere manter o liderado con «Foguete» Suárez e Iván Ares pisándolle os talóns.

14.24
Os Canóns do Sil nunca defraudan

É, sin duda, o tramo máis espectacular do Rali de Ourense, así como o máis complexo para os pilotos. Longo, e de moita técnica ao volante, así vibraron os afeccionados co paso dos coches.

13.22
Así o planning para esta tarde

Os pilotos enfilarán o último tramo deste Rali de Ourense, a partir das 14.55 coa segunda pasada do tramo de Esgos. 

Ás 15.50 será a saída da segunda pasada dos Canóns do Sil, e a proba finalizará no tramo de Melias, ás 17.00, onde coñeceremos ao vencedor da proba.

12.48
Á Cidade do Transporte

É cara aí cara a onde se dirixen os pilotos ata que se renove a carreira ás 14.55 coa segunda pasada ao tramo TC-PLUS de Esgos. Todo por decidir no podio nun xornada vespertina que se vaticina apaixonante.

12.44
Así queda a xeral

A xornada da mañá finaliza coa clasificación xeral así:

  1. Cristian García       1:33:15.2
  2. José Suárez           1:33:41.3 +26.1
  3. Iván Ares                1:34:11.2 +56.0
  4. Pedro Burgo           1:35:42.3 +2:27.1
  5. Alejandro Pernía    1:36:13.2 +2:58.0
12.40
Scratch de «Foguete» Suárez

O piloto de Sainteloc Junior Team marcou o mellor tempo neste tramo de Melias cunha crono de 8.52.3. Iván Ares, tamén lle sacou dúas décimas a Cristian García marcando un tempo de 8.54.1. 

O líder da proba, Cristian García, fixo un tempo de 8.54.3. 

12.36
Gran afluencia de público

Ambiente máis que festivo en todos os tramos deste 50 aniversario do Rali de Ourese. Sen incidentes notables, os afeccionados están tendo un comportamento exemplar nesta edición. 

SANTI M. AMIL
12.30
En marcha o TC7

Arrinca Cristian García o seu motor no último tramo desta mañá, en Melias. Catorce quilómetros por diante que veremos se serven para recortar distancias co líder e deixar todo por decidir para as segundas pasadas da tarde.

12.09
A por o tramo de Melias

O último tramo desta mañá será o de Melias. Comeza no concello de Nogueira de Ramuín e ao longo de 14 quilómetros e no que os pilotos locais sempre destacan na clasificación ao ser un tramo mítico na proba. 

Santi M. Amil
11.55
Clasificación xeral

Estes son os tempos tras percorrer o TC6:

  1. Cristian García           1:24:20.9
  2. José Suárez               1:24:49.0      +28.1
  3. Iván Ares                    1:25:17.1     +56.2
  4. Pedro Burgo               1:26:37.1     +2:16.2
  5. Alejandro Pernía         1:27:06.2    +2:45.3
  6. Sergio Vallejo             1:28:10.6    +3:49.7
  7. Iago Silva                   1:29:51.8    +5:30.9
  8. Miguel Paredes          1:31:40.8    +7:19.9
  9. Álvaro Muniz              1:31:56.4    +7:35.5
  10. Francisco Cima          1:31:58.4    +7:37.5

 

11.47
Así valoraron os pilotos o tramo dos Canóns

O piloto de Aragón e líder do Rali de Ourense ata o momento marcou un tempo de 19.20.3, 20 segundos menos que o ano pasado, con este coche baixar os segundos é doado. a ver como van eles. Sempre ben.

«Foguete» Suárez marcou un tempo de 19.23.3, tres segundos por detrás do líder. O piloto mostrouse enfadado na súa chegada ao control stop afirmando que «Cristian está moi forte, estou contento pero o coche vai ata onde vai».

Ivá Ares, terceiro tempo desta primeira pasada de Canóns do Sil, cun tempo de 19.31.7, a 8.4 do líder. O piloto de Cambre recoñeceu que están a facer o rali  «como podemos, é o que hai. Ata o final todo pode ser pero non me atopo do todo a gusto».

O que tampouco estaba demasiado satisfeito foi Pedro Burgo. El recoñeceu que «o coche vai ben pero a culpa é miña, non estiven a gusto e non me cheguei a concentrar», afirmou despois de marcar un tempo de 19.51.1, a 31.2 segundos do líder.

 

11.34
«O tramo está perfecto»

O piloto do coche 0, Luis Climent, asegurou tras percorrer o tramo dos Canóns do Sil que «o tramo está perfecto, mesmo máis limpo que días atrás» e prognosticou que «será entretido para os que veñen na pelexa». Sobre o público asistente á proba «está ben colocado».

11.20
Arrinca o TC6

O piloto Cristian García xa está a correr polo tramo dos Canóns do Sil 

11.15
Clasificación Copa Suzuki Swift

Así está a pelexa polo primeiro posto da Copa Suzuki Swift

  1. David Cortés          1:15:19.7
  2. Juan Maña             1:15:54.8   +35
  3. Alberto Monarri      1:16:04.8   +45 
11.05
Os pilotos chegan aos Canóns do Sil

É o tramo máis coñecido do Rali de Ourense e no 50 aniversario da carreira porá a proba aos pilotos cun tramo máis longo e complicado. 32 quilómetros nas que se combinan zonas rápidas con outras nas que os pilotos deberán despregar todas as súas habilidades técnicas. 

11.00
Así queda a clasificación xeral

Cristian García aumenta a súa vantaxe antes os seus dous perseguidores e afiánzase un pouco máis no liderado.

  1. Cristian García              1:05:00.6
  2. José Suárez                  1:05:25.7       +25
  3. Iván Ares                       1:05:45.4       +44.8
  4. Pedro Burgo                  1:06:45.6       +1:45.0
  5. Alejandro Pernía           1:07:12.1      +2:11.5
  6. Sergio Vallejo                1:08:07.2      +3:06.6
  7. Iago Silva                      1:09:29.8      +4:29.2
  8. Adrián Díaz                   1:10:27.8      +5:27.2
  9. Francisco Cima             1:10:56.4      +5:55.8
  10. Miguel Paredes             1:11:02.3      +6:01.7
10.38
Clasificación do TC5

Estes son os tempos do tramo TC-PLUS de Esgos:

  1. Cristian García              9:17.496
  2. José Suárez                  9:21.328 +3.832
  3. Iván Ares                       9:23.029 +5.533
  4. Pedro Burgo                  9:32.996 +15.500
  5. Alejandro Pernía           9:33.506 +16.0
10.34
Primeiro tempo da crono

O líder, Cristian García, xa cruzou o control stop do TC5 en Esgos, cun tempo de 9.17.496. 

O segundo na xeral, José Antonio Suárez, marcou un tempo de 9.21.328. 

Iván Ares, continuando coa tónica da xornada de onte, volve quedar por detrás dos seus dous rivais directos cun tiemp de 09.23.029 a 5.53 do líder.

10.29
En marcha o tramo de Esgos

Xa están os primeiros pilotos en carreira. Tardarán ao redor de nove minutos en percorrer os 15 quilómetros que os separan da liña de meta. 

 

10.13
Gran afluencia de público

O Rali de Ourense é unha das probas que máis xente congrega nas cunetas. Neste momento hai unha gran afluencia no tramo de Esgos no que a seguridade de carreira asegura que está todo o mundo ben colocado ata o momento. 

10.10
Así voaron onte

Os tramos da Peroxa e Toén - Castrelo permitiron facer virguerías sobre o asfalto. Estes son algúns exemplos.

10.06
Dominio de Cristian García

O piloto de Aragón segue dominando a carreira desde o primeiro tramo e na xornada tratará de revalidar ese posto. Pero non o terá doado. Iván Ares tratará de arrebatarllo e apertará forte o acelerador para superar os 39.2 segundos de vantaxe.

A sorpresa nesta proba estaa dando «Foguete» Suárez que, co seu Peugeot 208, logrou pórse segundo a só 20 segundos do líder. 

Santi M. Amil
09.52
¡Bos días!

Arrinca a segunda xornada da proba con tramos espectaculares e baixo un sol de xustiza. Ás 10.25 sairá o primeiro piloto, Cristian García do tramo de Esgos. A característica principal é que é un tramo TC-PLUS, o que dará puntos extra ao piloto que marque scratch.

Tras o descanso da noite de onte, os pilotos percorrerán 15 quilómetros para acabar nas inmediacións da localidade de Niñodaguia. 

23.43
A carreira renóvase mañá

A proba renovarase mañá co tramo de Esgos, de 15.42 quilómetros. A característica fundamental deste tramo é que TC-PLUS coa característica principal é que achega puntos extra ao piloto que realice o mellor tempo.

Despois a carreira continuará nos Canóns do Sil nun tramo de 32 quilómetros ás beiras do río. E acabará a xornada da mañá no TC7 de Melias, nun tramo de 14 quilómetros. 

A xornada da tarde tratarase da dobre pasada sobre os tramos xa percorridos pola mañá.

Santi M. Amil

 

23.42
Clasificación xeral

Así queda a clasificación xeral de cara á proba que se renovará mañá e na que aínda está todo por decidir.

  1. Cristian García                     55:43.2
  2. José Antonio Suárez           56:04.4 +21.2
  3. Iván Ares                               56:22.4 +39.2
  4. Pedro Burgo                          57:12.7 +1:29.5
  5. Alejandro Pernía                   57:38.6 +1:55.4
  6. Sergio Vallejo                        58:20.6 +2:37.4
  7. Iago Silva                               59:42.0 +3:58.8
  8. Adrián Diaz                            1:00:27.7 +4:44.5
  9. Miguel Paredes                    1:01:07.2 +5:24.0
  10. Álvaro Muñiz                         1:01:12.7 +5:29.5
223.32
Scratch para «Foguete» Suárez

O piloto de Sainteloc Junior Team, «Foguete» Suárez, marcou o mellor tempo neste último tramo facendo un segundo menos que o líder. Co seu Peugeot 208 marcou 8.56.1. Un segundo máis tarde chegou Cristian García cun tempo de 8.57.2, oito segundos por amais da primeira pasada. O segundo na clasificación, o piloto de Cambre Iván Ares marcou un tempo de 9.01.1, a 3.9 segundos do primeiro clasificado. Alejandro Pernía fixo un tempo de 9.14.7 despois de ter marcado un 9:08.2  na primeira pasada. 

Pedro Burgo fixo un tempo de 9.32.9 minutos, a 35.7 do líder. A falta de luz foi un problema para os tempos de todos os pilotos. .

23.15
Arrinca o último tramo da xornada

O líder provisional, Cristian García, xa tomou a saída do TC4 entre Toén e Castrelo. Minutos despois tamén o fixeron Alejandro Pernía e Pedro Burgo.

Santi M. Amil
23.10
Noite pechada en Toén-Castrelo

En cinco minutos para que de comezo o último tramo da xornada. Os pilotos enfrontaranse a 15 quilómetros baixo a noite pechada ourensá, cun ambiente nocturno de afeccionados espectacular.

22.48
Clasificación xeral

Así está a xeral a falta dun tramo para concluír a primeira xornada da carreira:

  1. Cristian García           46.46.0
  2. José Antonio Suárez 47.08.3   +22.3
  3. Iván Ares                    47.21.3    +13.0
  4. Pedro Burgo               47.39.8    +18.5
  5. Alejandro Pernía        48.23.9    +44.1
  6. Sergio Vallejo             48.54.6    +30.7
  7. Iago Silva                    50.07.3   +3.21.3
  8. Adrián Diaz                 50.48.7    +3.21.3 
  9. Javier Bouza              50.56.8    +4.10.8
  10. Francisco Cima          51.04.3    +4.18.3
22.29
Scratch de Cristian García

 O piloto aragonés e líder ata o momento da proba rebaixou catro a súa marca da primeira pasada. Co seu Ford Festa R5 marcou un tempo de 15.56.4.

En segundo lugar e a 7,2 segundos do líder chegou Iván Ares, cun tempo de 19.036. En terceiro lugar, Foguete Suárez, cun tempo de 19.07.2. Pedro Burgo marcou un tempo de 19.21.2

22.24
Novas retiradas

O piloto co dorsal número 37, Jaime Castro Rois, tivo que abandonar a carreira ao sufrir unha avaría na súa Renault Clio R3. 

Tamén abandonou na ligazón Francisco López Pacheco co dorsal 18, co seu Ford Festa R5.

22.13
Cinco pilotos en carreira

Cristian García, Alejandro Pernía, Pedro Burgo, Iván Ares e Gorka Antxustegui xa rodan sobre o asfalto da Peroxa. 

22.09
¡Sae Cristian García!

Comeza a segunda pasada do tramo da Peroxa, con 29,18 quilómetros por diante. Sen o sol abrasador desta tarde, veremos como responder os coches

22.00
A piques de arrincar o TC3

Apenas 10 minutos para que comece o terceiro tramo da carreira que corresponde á segunda pasada da Peroxa. Na primeira pasada, Cristian García marcou scratch cun tempo de 19.00.8 e que lle colocou líder. 

21.35
Segundas pasadas

A primeira xornada da carreira finalizará coas segundas pasadas aos tramos xa recoñecidos da Peroxa e de Toén-Castrelo. Ambos se percorrerán xa de noite e deixarán todo por decidir para a segunda xornada da proba. 

21.20
Clasificación Copa Suzuki Swift

Así está a clasificación da Copa Suzuki Swift:

  1. David Cortés        32.03.8
  2. Juan Maña           32.20.6     +17.2
  3. Alberto Monari     32.33.2    +20.6
21.05
Clasificación xeral

Tras os dous primeiros tramos (A Peroxa e Toén-Castrelo), Cristian García segue mandando na clasificación, co seu rival Iván Ares terceiro a 28 segundos. Así está a clasificación xeral do Rali de Ourense:

  1. Cristian García               27.49.6
  2. José Antonio Suárez    28.01.1     +11.5
  3. Iván Ares                        28.17.7    +28.1
  4. Pedro Burgo                  28.18.6    +29.0
  5. Alejandro Pernía           28.43.7    +54.1
  6. Sergio Vallejo                29.02.4    +54.1
  7. Iago Silva                      29.30.7    +1.41.1
  8. Javier Bouza                 30.13.8    +2.24.2
  9. Adrián Díaz                   30.15.0    +2.25.4
  10. Miguel Paredes             30.17.7    +2.28
20.41
Continua o dominio de Cristian García

Tras dous tramos percorridos deste Rali de Ourense, Cristian García domina ata o momento da carreira a once segundos do segundo clasificado, o «Foguete» Suárez, e a 28.1 de Iván Ares que ocupa o terceiro lugar.

20.31
«Foguete» Suárez cóase segundo

O piloto de Sainteloc Junior Team fixo un tempo de 8.49.5, a 0.7 do scratch de Cristian García. 

Co seu Peugeot 208 cóase segundo na clasificación a +11.5 do líder e sacándolle máis de 15 segundos a Iván Ares, en terceira posición.

20.23
¡Iván Ares en meta!

A pesar de ter saído cunha penalización de 20 segundos neste segundo tramo, o piloto de Cambre xa cruzou a meta cun tempo que lle permitiu situarse de novo en segunda posición. Así están os tempos agora:

  1. Cristian García        27:49.6
  2. Iván Ares                 28.17.7    +28.1
  3. Pedro Burgo            28.18.6    +29.0
  4. A. Pernía                 28.43.7     +54.1
20.16
Cristian García, en meta

O líder provisional da carreira tras o tramo da Peroxa xa cruzou o control stop de Toén- Castrelo. O piloto aragonés fixo un tempo de 8.48.8.

20.13
En marcha o segundo tramo

Cristian García, Alejandro Pernía e Pedro Burgo xa están en marcha. Iván Ares aínda non tomou a saída. 

20.11
Scracht de David Cortés na Copa Suzuki

O piloto co dorsal 42, David Cortés, fixo un tempo de 21:45.6.  O mellor tempo da Copa Suzuki.

 

19.51
Ás 20.10 sairá o segundo tramo

O segundo tramo da carreira e no que o sol seguirá facendo xustiza, será entre os concellos de Toén e Castrelo. Os 15 km que repetirán o mesmo percorrido que a edición pasada. 

 

19.39
Clasificación provisional

Tras chegar os 10 primeiros coches á meta da Peroxa, así está a xeral:

  1.  Cristian García               19:00.8
  2.  Iván Ares                        19:05.7          +4.9
  3. José Antonio Suárez      19:11.6          +10.8
  4. Pedro Burgo                   19:17.0          +16.2
  5.  Alejandro Pernía            19:35.5          +34.7
  6. Sergio Vallejo                 19:46.5          +45.7
  7.  Iago Silva                       20:16.1         +1:15.3
  8. Javier Bouza                   20:35.4         +1:34.6
  9.  Adrián Diaz                     20:42.1         +1:41.3
  10.  Miguel Paredes             20:42.8         +1:42.0


19.34
Scratch de Cristian García

O piloto aragonés voou neste primeiro tramo e marcou o mellor tempo do tramo. Sorpresa tamén a de Jose Antonio Suárez que fixo un tempo de 19.11.6.

Sergio Vallejo, cun tempo de 19:46.5, recoñeceu atoparse «ben pero unha avaría no motor pode facelo perder un tempo de ouro posto que «o coche non corría». Veremos como evoluciona o piloto de Meira.

19.27
Catro primeiros tempos

Cristian García 19.00.8

Iván Ares 19.05.7

Pedro Burgo 19.17.0

Alejandro Pernía 19.35.5

 

19.26
Ares, cinco segundos máis

O piloto de Cambre fixo un tempo de 19.05.7, cinco segundos máis que o líder. Ares recoñeceu non sentirse «moi a gusto co coche», na primeira proba da carreira.

19.23
Cristian García en meta

O dorsal nº 1 xa cruzou o control stop. O líder do campionato xunto á súa compañeira Rebeca Liso fixeron un tempo de 19.00.8, moi bo tempo neste primeiro tramo. O piloto aragonés tivo uns pequenos problemas de freos. 

 

19.22
Coche 0 en meta

Luis Climent, piloto do coche 0, afirmou que «o tramo está ben para os pilotos» pero ha pedido encarecidamente ao público asistente que «non se mova do seu sitio» e pide que «colaboren coas indicacións da proba». 

Sobre o estado do tramo, Climent asegurou que «está ben, sucio nalgunhas zonas pero algo que durante os recoñecementos xa comprobaramos, os pilotos non van atopar ningunha sorpresa».

19.12
Preto de 20 minutos para lograr a meta

É o que tardarán en chegar os pilotos ao control de meta. A piques de chegar xa o coche de Cristian García, onde rexistrou o mellor tempo na carreira do ano pasado.

 

19.05
Arrinca o Rali de Ourense!!

Cristian García e Rebeca Liso, líderes provisionais, xa voan polo tramo da Peroxa. Por diante 29,180 quilómetros. Detrás deles arrincará o seu gran rival ao longo destes dous días, Iván Ares. 

18.55
Os pilotos diríxese A Peroxa

Así foi a saída dos pilotos cara ao primeiro tramo da proba. 

18.54
Malas noticias para Joan Vinyes

Finalmente o piloto andorrano non poderá tomar a saída hoxe, despois de sufrir unha saída de pista no shakedown desta mañá e non conseguir pór o coche a punto para o inicio da carreira.

18.46
A piques de arrincar a proba

Apenas 15 minutos para que Cristian García arrinque no primeiro dos tramos desta tarde. O primeiro dos tramos desta proba sairá desde A Peroza, nun tramos de 29,18 quilómetros. Este tramo, fusionado coa especial dos Peares. 

Un tramo moi longo no que as intensas temperaturas que se están vivindo hoxe en Ourense, pode ser o gran hándicap dos pilotos. Gran afluencia ata o momento a este primeiro tramo da proba.

Santi M. Amil

 

17.30
Pola loita do liderado

É a misión de Iván Ares nesta proba. Isto é o que agarda o piloto de Cambre no Rali de Ourense:

17.02
«Sucio, moi duro... pero ilusionante»

Así ven os pilotos o Rali de Ourense antes de que comece a proba. 

16.58
As boas sensacións de Sergio Vallejo

O piloto de Meira confía nas súas posibilidades para facerse cun posto no podio. «Iván Ares e Cristián García están un paso por diante pero imos intentar estar no podio», recoñeceu o piloto da Escuadra Ourense. Isto foi o que nos contou.

16.46
Problemas para Joan Vinyes

O piloto andorrano e o seu copiloto, Jordi Mercader , sufriron unha saída de pista tras cruzar a meta do shakedown desta mañá. Ningún dos dous sufriu danos persoais e o seu equipo traballa agora contrarreloxo para pór o seu Suzuki Swift R+ N5 a punto para o primeiro tramo da carreira.

16.39
Un aniversario ao grande

A proba do campionato de España de asfalto ten unha cita esta tarde en Ourense. E moi especial. No seu 50 aniversario, próbaa referencia da provincia, decidiu reformular o formato da carreira. Desde a suspensión do tramo espectáculo, característico nas últimas edicións, a edición deste ano do Rali de Ourense, arrinca forte. A primeira xornada da proba, arrinca con catro especiais, dous tramos a dobre pasada, que comezarán ás 7 da tarde.

MIGUEL VILLAR

Esta tarde arrinca a quincuaxésima edición do Rali de Ourense, unha cita ineludible para os amantes do motor e dos ralis, nunha proba decisiva para a clasificación do Campionato de España de Ralis de Asfalto. Esta apaixonante proba que se presenta en Ourense, está marcada polo enorme duelo no cume que protagonizan o aragonés Cristian García e o galego Iván Ares, que se disputan as primeiras prazas do campionato nacional.

O aragonés chega como líder tras o quinto posto cultivado no Villa de Adeje, mentres que o piloto de Cambre é o principal candidato a arrebatar a ansiada primeira praza. Este Rali de Ourense contará ademais cunha importante participación de pilotos galegos, como Pedro Burgo, que aspira á zona nobre ás mans da súa Skoda Fabia R5 co ACSM Team. A Escuadra Ourense conta coa baza de Sergio Vallejo para intentar lograr un gran resultado en casa.

O Rali de Ourense arrincará esta tarde con catro tramos cronometrados en dous tramos diferenciados, o primeiro terá lugar na Peroxa, nun percorrido de trinta quilómetros. A segunda parte será en Toén-Castrelo, cunha lonxitude de 15 quilómetros. No día de mañá terán lugar os epeciales en Esgos, Canón do Sil e Melias.