Tui elaborará un estudo de viabilidade para conectar as parroquias co centro

TUI

cedida

PSOE e BNG asinan o acordo para desbloquear a organización do goberno local

24 ago 2023 . Actualizado ás 13:53 h.

O PSOE de Tui comprometeuse a levar adiante catro puntos que o BNG contemplaba no seu programa a cambio de contar co seu voto a favor na proposta de organización que inclúe a repartición de concellarías e dedicacións e que levará a pleno, tras o intento errado de xullo, a semana que vén.

O acordo de formalizou onte pola noite entre os portavoces de ambas as formacións, Enrique Cabaleiro e Carmen Núñez, á vez que se fixo público a listaxe de proxectos que ha de asumir o goberno local. Contan cun prazo de seis meses para elaborar un estudo de viabilidade e posible trazado de liñas de transporte interparroquiais que conecten todos os núcleos urbanos co centro. Ademais trasladarase a sede da Policía Local o edificio da rúa Camilo José Cela e situarase nos terreos de Camfram, un espazo para as asociacións e a mocidade. O cuarto punto do acordo compromete aos socialistas a elaborar antes de seis meses outro estudo de viabilidade para a posible unificación da Alameda de San Domingo co bosque de Seoane, entrelazando coas melloras que se van levar no Camiño dás Serpes, Camiño de Santiago e senda fluvial, e a posibilidade de crear un xardín botánico nesta zona. 

O BNG votará así á proposta de organización do PSOE que contará con cinco dedicacións exclusivas, nos termos que as presentou en xullo, a razón de 49.000 euros brutos para o alcalde e 23.500 para os outros catro concelleiras aumentadas co IPC do 12 %.

«Trátase dun acordo puntual e restrinxido aos termos recollidos no documento asinado, sen que isto modifique en absoluto o papel de oposición rigorosa e constructiva que o BNG asumiu dende o momento en que fracasaras as negociacións para un acordo de goberno», advirten os nacionalistas.

Desde o PSOE explican que este acordo «non só ganatiza unhas condicións de traballo dignas para que o goberno poida realizar o cometido para o que foi elexido senón que asegura o desenvolvemento de proxectos moi importantes demostrando que o bó camiño é o das actitudes construtivas». Los socilialistas critican la postura de «bloqueo e ultimatos contrarios aos intereses da cidadanía».