Redondela prevé unha caída do consumo de Pascua do 10 %

La Voz REDONDELA / LA VOZ

REDONDELA

Los roscones de la pastelería Martín
Os roscones da pastelería Martín ALBERTO LÓPEZ

Os comercios lembran as estreas de Domingo de Ramos e os roscones de Pascua

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación de Empresarios de Redondela prevé unha caída do consumo en Semana Santa do 10 %. Por iso, a entidade esta dinamizando o comercio con campañas por Internet e noutros soportes par propiciar as vendas de produtos característicos destas datas. Marga Pérez, de Mas Queniños lembra que o Domingo de Ramos todas as familias compraban medias e calcetíns de perlés para estrealos nesa data.

Na panadería O Cruceiro rememoran a pugna que había entre os padriños para agasallar aos seus afillados coa rosca de Pascua máis grande. O roscón deixou paso ao chocolate, que cobra adeptos.