Tres sancionados por conducir baixo os efectos do alcol en Redondela

La Voz REDONDELA

REDONDELA

Policia Local Redondela

Un dos condutores , que triplicaba a taxa permitida, sufriu unha saída de vía en Chapela

12 mares 2024 . Actualizado ás 00:40 h.

Tres condutores foron sancionados esta fin de semana en Redondela por conducir baixo os efectos do alcol. Un deles, de nacionalidade portuguesa, sufriu unha saída de vía e guindou un resultado de 0,90 miligramos por litro, polo que foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria. Durante a madrugada do domingo, no control establecido pola Policía Local e a Policía Nacional, practicáronse outras dúas denuncias por feitos similares. Estas infraccións están sancionadas con multas que van dos 500 ata os 1.000 euros e a retirada de catro a seis puntos de carné. 

Rexistrouse ademais un accidente en Cabeiro pola irrupción na calzada dun cabalo. O condutor do vehículo intentou esquivalo e sufriu unha saída de vida. Resultaron feridas leves dúas persoas que tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao hospital Povisa de Vigo.