00031713820679992949164

O Corpus de Ponteareas xa é un ben de interese cultural

Monica Torres
Mónica Torres PONTEAREAS

PONTEAREAS

M.MORALEJO

O Consello da Xunta apoiou o decreto que encumbra a festividade como patrimonio inmaterial tras tres décadas de espera

23 abr 2024 . Actualizado ás 01:02 h.

O Consello da Xunta deu luz verde ao decreto que declara a festa do Corpus Christi de Ponteareas como ben de interese cultural (BIC) de patrimonio inmaterial. O presidente galego, Alfonso Rueda, confirmou persoalmente a declaración tras a reunión de o seu goberno. Este recoñecemento que o municipio agarda hai anos e que foi aplaudido cun «grazas» por parte da alcaldesa, NavaCastro , nas súas redes sociais, chega tras os preceptivos informes favorables do Museo do Pobo Galelo, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega, «culminando así un proceso no que non se presentaron alegacións».

Complétase un proceso que arrincou fai case trinta anos, cando en 1995 o Concello de Ponteareas formulou a primeira solicitude oficial para a súa inclusión no catálogo BIC galego. Ese expediente arquivouse posteriormente ao caducar o procedemento sen ter conseguido a súa proclamación. 

O decreto que agora saíu adiante valora tanto a festividade como os rituais, cerimonias e técnicas artesanais tradicionais asociadas. A documentación conclúe que o Corpus Christi constitúe un ritual festivo recoñecido polo seu uso social e cerimonial, cunha gran pegada de coñecementos populares sobre a natureza, os elementos naturais e os ciclos do campo. «Valórase a confección dun conxunto artístico dotado de variadas representacións e símbolos, cunha significación cultural que vai máis aló do ámbito relixioso para vincularse coa cultura popular», recóllese na declaración.

O decreto valora tanto a festividade como os rituais, cerimonias e técnicas artesanais tradicionais asociadas a ela. En concreto, a documentación conclúe que o Corpus Christi constitúe un ritual festivo recoñecido polo seu uso social e cerimonial, cunha gran pegada de coñecementos populares sobre a natureza, os elementos naturais e os ciclos do campo. “Valórase a confección dun conxunto artístico dotado de variadas representacións e símbolos, cunha significación cultural que vai máis aló do ámbito relixioso para vincularse coa cultura popular”, indican desde o goberno galego.

A documentación conclúe que o Corpus Christi de Ponteareas constitúe un ritual festivo recoñecido polo seu uso social e cerimonial cunha alta pegada de coñecementos populares sobre a natureza, os elementos naturais e os ciclos do campo. Valórase a confección dun conxunto artístico dotado de variadas representacións e símbolos, cunha significación cultural «que supera o ámbito relixioso para vincularse coa cultura popular e as súas manifestacións». Refírese tamén ao elevado coñecemento e desenvolvemento de técnicas artesanais tradicionais. En concreto, menciónase o proceso de creación do conxunto ornamental, alfombras florais, cruceiros vexetais ou altares que conforman todo un conxunto de arquitecturas «efémeras, que vinculan á vila e á súa veciñanza con sistemas e costumes tradicionais, e destacan por «unha extraordinaria recreación ornamental e estética que proporciona aos elementos unha gran riqueza e colorido».