Mos non multará ás empresas que levan anos sen pagar o lixo

l.c.ll. MOAÑA / LA VOZ MOS /LA VOZ

MOAÑA

O Concello dará facilidades de pagamento aos que non estaba de alta

20 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Mos non multará ás empresas morosas da taxa de lixos que estiveron sen pagar este servizo durante anos. A concelleira responsable da área, Felisa Rodríguez, asegurou que non van sancionalas porque non houbo mala vontade. O cruzamento de datos de actividades cos padróns fiscais permitiu aflorar un bo número de empresas que non estaban rexistrada no lixo. O Concello empezou a enviarlles cartas esixíndolles o pagamento dos últimos catro ano e as empresas hanse visto desbordadas polas reclamacións, que non poden afrontar de golpe pola súa situación económica. «Imos darlles facilidades de pagamento», explica. O Concello sostén que seria inxusto que algunhas empresas pagasen a taxa e outras seguisen sen facelo.