O envoltorio de varios entroidos galegos no Corte

La Voz

VIGO

cedida

El Corte Inglés de Vigo acolle a exposición Entroido Galego. Traxe: historia e tradición na súa cuarta planta

05 feb 2024 . Actualizado ás 05:10 h.

El Corte Inglés de Vigo acolle a exposición Entroido Galego. Traxe: historia e tradición na súa cuarta planta. Entroido galego é unha das tradicións máis singulares e arraigadas en Galicia que achega riqueza cultural e patrimonial á nosa comunidade.

Moitos dos entroidos galegos contan co recoñecemento de Festas de Interese Turístico, como é o caso de Xinzo de Limia, Verín, Cobres, Laza, Vilariño de Conso ou Foz. Os traxes son un dos elementos diferenciadores destas manifestacións e El Corte Inglés de Vigo quere render homenaxe e pór en valor a riqueza cultural destas vestimentas, coa exposición dalgúns dos máis representativos.

Os elementos expostos nel Corte Inglés proceden de cesións realizadas pola Asociación Etnográfica A Merdeira, a Asociación Fulións Rurais de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Fulión, o Entroido de Cobres, a Asociación Cultural Enlazados, Fulión de Buxán, Tamara Costas, e Concello da Estrada.