A enxeñeira Luz Castro gaña o premio Ada Byron

La Voz

FERROL CIDADE

O galardón outórgao o Colexio de Enxeñería en Informática de Galicia

18 oct 2012 . Actualizado ás 15:44 h.

O Colexio Progesional de Enxeñería en Informática de Galicia decidiu outorgar o Premio Ada Byron á enxeñeira en informática Luz Castro Pena (Ferrol, 1972). O galardón entregarase durante a Noite da Ingenniería en Informática de Galicia, o próximo 23 de novembro.

O CPEIG valorou a intensa traxectoria profesional da galardoada, socia fundadora de Imaxin Software, e a súa implicación en defensa da Enxeñería en Informática. Castro dirixe a área especializada no desenvolvemento de xogos educativos e produtos multimedia, é profesora interina na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña e foi vicepresidenta de Eganet, a asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet, entre os anos 2008 e 2010. En 1994 fundou a Plataforma polo Galego na Informática e foi vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística.

O Colexio cre que é fundamental a participación feminina en todos os niveis da tecnoloxía: as mulleres como usuarias, como emprendedoras, como xeradoras de innovación e como líderes «nun sector que ten a responsabilidade e o compromiso de ir na cabeza da saída da crise»

Ada Byron, matemática británica (1815-1852) describiu a máquina analítica de Charles Babbage, considerada como a primeira programadora.