Vota e Opina: Quen acabará a tempada como máximo goleador do Deportivo?

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

César Quian

Lucas con nove tantos é o pichichi do equipo seguido de preto por Barbeiro con sete

28 mares 2024 . Actualizado ás 11:18 h.

A liña ofensiva do Dépor vive un momento de inspiración este curso. Cunha media anotadora de case dous goles por encontro, o conxunto branquiazul leva anotando polo menos un gol desde a xornada 20 fronte á Ponferradina. Con 49 dianas, o Dépor é o segundo equipo máis anotador da categoría só por detrás do Celta Fortuna que leva 50.

O máximo goleador a falta de nove encontros para o final é Lucas Pérez con nove tanto s. Seguido ao dianteiro coruñés atópase Iván Barbeiro que leva anotados sete goles. A partir de aí, un amplo abano de xogadores contribuíron á contundencia ofensiva do Dépor xornada a xornada; Mella, Davo ou Yeremay ocupan posicións relevantes na táboa de máximos goleadores branquiazuis.

Podes deixar o teu comentario sobre o tema ao final da noticia.