Vota e opina: Crees que o Deportivo rematará invicto a segunda volta?

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

LOF

Xa se xogaron dez partidos e o equipo branquiazul conseguiu oito vitorias e dous empates

26 mares 2024 . Actualizado ás 11:59 h.

O 21 de xaneiro comezou a segunda volta. O Deportivo enfrontábase en Riazor contra a Ponferradina e viña de perder contra a Cultural Leonesa. Necesitaba gañar para reengancharse aos postos de play off de ascenso. O Dépor gañou aquel partido (2-0) e hoxe, xa dous meses despois, é o líder da categoría e comezou un refacho imparable que aínda continúa. Dez partidos, oito vitorias e dous empates, é o balance da segunda metade do campionato. Por iso, preguntámosvos: conseguirá o Deportivo rematar a segunda volta invicto?

Vota na nosa enquisa e deixa a túa opinión nos comentarios.