Vota e opina: Cal é o rival do Dépor polo ascenso?

La Voz

TORRE DE MARATHÓN

LOF

As derrotas do Nàstic e a Ponferradina alteran a parte alta da clasificación, que coloca ao Barcelona B segundo e ao Celta Fortuna terceiro

25 mares 2024 . Actualizado ás 10:16 h.

A vitoria do Deportivo en Majadahonda e as derrotas de Nàstic e Ponferradina na xornada do domingo, amplían a diferenza de puntos con aqueles teóricos rivais cos que o club branquiazul ía pelexar polo ascenso directo. Aproveitando as súas dúbidas, coouse o Barcelona B, que está en estado de graza e non perde desde o 13 de xaneiro. O filial blaugrana está en segunda posición con 54 puntos, un menos que o Dépor, e é o único que está aguantando o ritmo marcado polo equipo de Imanol Idiakez. No terceiro posto está o Celta Fortuna, que non perde o ronsel e coa súa vitoria por catro goles a un contra o Fuenlabrada supera na táboa clasificatoria ao Nàstic e á Ponferradina.

A falta de nove xornadas por disputarse e cun calendario dispar para cada conxunto, preguntámosvos: cal é o rival do Dépor polo ascenso?

Vota na nosa enquisa e deixa a túa opinión nos comentarios.