O segundo capítulo de «A lei de Santos» dispoñible desde hoxe as 15.00 horas en Enserie.gal

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

TELEVISIÓN

A segunda temporada da secuela de «Serramoura» pódese ver un día antes da súa emisión en TDT no servizo en liña de series da Televisión de Galicia

25 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os fans de Santos están de sorte. Televisión de Galicia adianta deste esta semana a estrea dos novos capítulos de A lei de Santos, producida por Voz Audiovisual, ás 15.00 horas dos sábados no portal Enserie.gal.

Así a canle abre de novo outras vías para achegarse ás necesidades dos novos consumos audiovisuais que aprecian a liberdade de elixir os contidos á carta.

Desde hoxe mesmo, cada novo capítulo da serie estará dispoñible en Enserie.gal, o servizo en liña de series da Televisión de Galicia, adiantándose un día á súa emisión en TDT. A lei de Santos, que emite a súa segunda temporada, é a serie secuela de Serramoura.

O cambio nos hábitos de consumo fan que a CRTVG mude cara as tendencias da cidadanía en canto a difusión dos seus produtos. Estas tendencias veñen referendadas por datos como que nos últimos tres anos o consumo de ficción en plataformas en Galicia aumentou un 183 %.

Enserie.gal, o portal das series da Televisión de Galicia, naceu para darlle unha maior visibilidade á ficción galega e facilitar o consumo baixo demanda, e ofrece actualmente 45 títulos de series galegas.

O espectador pode ver de forma gratuíta desde series coma Mareas vivas, que forman parte da historia do audiovisual galego, Terra de Miranda, Matalobos, e Padre Casares, ata os éxitos máis recentes como Serramoura ou Método criminal, o portal permite visualizar centos de episodios das series con máis repercusión da TVG. No 2022 pola propia OTT da CRTVG, onde se poderá gozar de todos os contidos á carta en diferentes soportes.