Patrocinado por:

Os administradores dos grupos de WhatsApp, toda unha responsabilidade en Malaisia

La Voz

LECER\

ATHIT PERAWONGMETHA | REUTERS

Teñen que responder ante a Xustiza polos contos e as noticias falsas que se propaguen dentro dos seus grupos

28 abr 2017 . Actualizado ás 17:16 h.

Os administradores de grupos de WhatsApp  en Malaisia dormen algo menos tranquilos desde hai uns días. Un portavoz do Executivo do país asiático vén de afirmar recentemente que os que levan as rendas dos grupos desta popular aplicación de mensaxería móbil poden ter que render contas ante a Lei por os contos e as noticias falsas, que con tanta facilidade crecen e reprodúcense neste hábitat virtual.

O ministro adxunto de Comunicacións do goberno malasio, Johari Gilani, comentou que no caso de que se poña en perigo a seguridade nacional», os responsables dos grupos poderían ser citados pola Xustiza do país, segundo unha lei promulgada en 1998 que prohibe a difusión de información falsa. «Deben actuar como os gardiáns para filtrar informacións antes de axudar a compartilas», afirmou Gilani nunha entrevista publicada por un medio local e recollida polo portal especializado Mashable

Un tribunal malasio condenou o pasado ano a un ancián de 76 anos por compartir cos seus contactos en Internet unha fotografía na que se insultaba ao primeiro ministro, Najib Razak.