Patrocinado por Patrocinadopor

O Supremo, o Constitucional e a eólica mariña

Pablo Fernández Asensio ASESOR PESQUEIRO E EXDIRECTOR DE ORDENACIÓN E XESTIÓN DE RECURSOS MARIÑOS

PESCA E MARISQUEO

Imagen de archivo de un parque eólico marino
Imaxe de arquivo dun parque eólico mariño

19 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa estaba decatado, polo presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores (FNCP), Basilio Otero, pero agora lin na prensa «O Supremo tumba probas clave contra a eólica mariña e a pesca apela ao Constitucional».

O Tribunal Supremo (TS), estima que non son necesarios informes sobre afectación ao sector e aos ecosistemas mariños. Pois ben, aos membros do TS, aconséllolles a lectura, análise e estudo do informe do Tribunal de Contas da UE (TCUE), sobre a eólica mariña, antes de contestar ou emitir sentenza ao recurso de reposición exposto polos pescadores. Pero, permítanme que lles avance unha serie de cuestións do mencionado informe do TCUE:

Pon en dúbida a inocuidad ambiental desta enerxía renovable e resalta o que considera un “dilema ecolóxico”. Non creen que a enerxía eólica mariña sexa inocua para o ecosistema. A Comisión non valorou as posibles consecuencias, nin as positivas nin as negativas, de instalar esas renovables no mar, «como o desprazamento de especies, os cambios estruturais das poboacións, a dispoñibilidade de alimento ou a migración de especies». A expansión por Europa das renovables mariñas «será prexudicial para o medio, tanto por baixo como por amais do nivel do mar». Non se estudou o posible impacto no ecosistema mariño, tampouco se calcularon en profundidade as implicacións sociais do desenvolvemento destas infraestruturas. Existe o risco de que se perdan postos de traballo no sector pesqueiro polo crecemento das renovables mariñas. Non se realizaron pola Comisión valoracións cuantitativas dos efectos sobre a pesca. O que se recollen é que «as renovables mariñas de cando en cando conviven con outras actividades» e, en particular, «os conflitos coa pesca seguen en gran medida sen resolverse». «A revolución azul da UE non debería emprenderse a calquera prezo: as renovables mariñas non deben dar lugar a un grave dano social ou ambiental».

Isto mesmo que di o TCUE poderíano dicir os membros do TS, é dicir, deben presentarse informes dos ecosistemas, estes realizados polo Consello Internacional da Exploración do Mar (CIEM) e do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e tamén das cuestións sociais e económicas, a través por exemplo, do Comité Científico, Técnico e Económico de Pesca (CCTEP), pero sempre antes do establecemento dos POEM.

Aínda que o informe do TCUE non é vinculante, tanto a Comisión, Consello e Parlamento Europeo, o trílogo, entendo deben reflexionar cos argumentos expostos polo mencionado tribunal e como aqueles están formados polos estados membros da UE, entre eles España, creo que os tribunais da nosa nación terán que facer o propio.

Polo tanto, reflexionen, mediten e na contestación ao recurso de reposición, como unha expresión náutica, enmienden o rumbo ou enmienden esta decisión, creo que errónea, que tomaron sen ter en conta os informes científicos, sociais e económicos da afectación do establecemento dos POEM. Pola contra, os pescadores terán que acudir ao Tribunal Constitucional, como recurso de amparo, ou se é o caso a Estrasburgo ao TJUE.

Daquela, igual puiden que cambie o titular e sexa «O TC emenda ao TS e recoñece que son imprescindibles os informes da afectación científica, social e económica para o establecemento dos POEM».