Exitosa afluencia de candidatos no casting de «Atrápame se podes»

LA VOZ

SOCIEDADE

CEDIDA

As probas tiveron lugar nas instalacións da produtora Voz Audiovisual, en A Coruña, e consistiron nunha demostración de dotes para o canto ou os chistes

10 novs 2021 . Actualizado ás 10:13 h.

Numerosas persoas acudiron este martes ao casting aberto para participar en Atrápame se podes. Os candidatos pasaron polas instalacións da produtora Voz Audiovisual no Polígono de A Grela, en A Coruña, coa intención de facerse un oco no espazo presentado por Paco Lodeiro.

Todos eles foron cuestionados polos seis intereses e afección, ademáis de ter que demostrar as súas dotes para o canto, ou contar anécdotas e chistes. Varios dos participantes serán chamados para concursar en vindeiras gravacións do formato.

A maiores deste casting presencial, o espacio televisivo segue ofrecendo a posibilidade de coñecer a candidatos que cumplan cos requisitos de ter sentido do humor e ganas de pasalo ben. Os interesados poden enviar os seus datos de contacto, incluíndo nome completo, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación, ao enderezo electrónico atrapamesepodes@crtvg.gal.

Atrápame se podes continúa sendo o concuso de maior éxito no prime time da Televisión de Galicia. De feito, o pasado sábado batiu o seu récord de espectadores e alcanzou a cifra dos 166.000 televidentes cun 19,6 % de share.

Esta semana o programa superou os 10.000 euros de bote. E hoxe terán a última oportunidade de levalo Miguel, da Pobra do Caramiñal; Iago, de Carral; Ramón, de Redondela; Nieves, da Coruña; ou Laura, da Illa de Arousa.