Publicación en homenaxe ao teólogo Segundo Pérez López

R. Loureiro FERROL / LA VOZ

SANTIAGO CIDADE

XOÁN A. SOLER

O anuario Estudos Mindonienses editará un número dedicado monográficamente ao teólogo, investigador e sacerdote nado no Buriz

18 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Diocese de Mondoñedo-Ferrol está ultimando a publicación dun novo número de Estudos Mindonienses, o anuario de estudos humanísticos e teolóxicos que dirixe o profesor e cóengo catedralicio Benito Méndez. O numero número, que xa está en fase de corrección de probas de imprenta, renderá homenaxe a quen foi, precisamente, o fundador e primeiro director da publicación, o teólogo Segundo Leonardo Pérez López, catedrático da Universidade Pontificia de Salamanca, investigador do Arquivo Secreto Vaticano e exdeán da catedral de Santiago.