Un lume calcina parte dunha vivenda en Santiago

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO CIDADE

Cedido

O inmoble afectado está situado na Torreira, na estrada que une a capital con Carballo

28 abr 2017 . Actualizado ás 20:20 h.

Un lume que se iniciou ás 15.55 horas na Torreira, na estrada que une Santiago con Carballo, calcinou parte dunha casa.

A vivenda estaba ocupada por unha persoa no momento no que se declarou o incendio, pero o seu estado non revestía gravidade. No entanto, o 112 Galicia enviou a Urxencias Médicas para atender a este home. Tamén se mobilizaron aos Bombeiros e á Policía Local de Santiago.