Padrón alegará contra a planta de celulosa que proxecta Altri

La Voz SANTIAGO

PADRÓN

Temen  que o impacto no Ulla afecte á potabilizadora

19 abr 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

O Concello de Padrón presentará alegacións contra o proxecto de Altri para instalar unha planta de celulosa en Palas de Rei. O acordo foi aprobado nunha sesión extraordinaria e urxente, xa que un dos argumentos que expón o grupo de goberno, que preside o socialista Anxo Arca, é que a implantación «dunha macrocelulosa» tería consecuencias «desastrosas» para o curso fluvial do río Ulla, en cuxo canle, á altura de Padrón, vaise ampliar unha planta potabilizadora para dar servizo aos concellos de Padrón, Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Valga e Vilagarcía de Arousa.