A taberna A Filoxera celebra en Padrón o seu terceiro aniversario da man de 31 adegas e cinco cociñeiros invitados

P. C.

PADRÓN

MERCE ARES

O establecemento da praza de Macías acollerá o evento entre as 12.00 e as 19.00, en horario ininterrompido

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Filoxera celebra hoxe en Padrón, de 12.00 a 19.00 horas, o seu terceiro aniversario en colaboración con 31 adegas de toda España e cinco cociñeiros (os do Testo, Salvaxe Gastroteca, O Freixo, Punta Furado e Hotel Fonte Verde) preparando as súas tapas.

A taberna de «viños valentes e selección gourmet» situada na praza de Macías e dirixida por  EduardoBlanco  e familia, lanza hoxe 25 entradas a 45 euros para asistir ao aniversario, coas que se poderán catar todos os viños que uno queira, mentres que as tapas se pagan á parte.